Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DE SANTIAGUIÑO DO MONTE&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DE SANTIAGUIÑO DO MONTE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4976/capela-de-santiaguino-do-monte?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Descoñécese a data da súa edificación, pero no século XV Rodrigo de Luna impulsa a súa reconstrución. Na porta da fachada leste, antiga entrada, o relevo representa o bautismo da raíña Lupa por parte do Apóstolo. O interior da ermida consta dun único altar presidido pola imaxe pétrea de Santiago, erosionada nos dedos e mans debido ao rozamento dos peregrinos durante séculos. Nas súas inmediacións hai un grupo de rochas e no centro do conxunto dos 10 grandes batolitos, destaca a figura de Santiago sobre unha peaña.
No século XVI, os peregrinos subían as rochas de xeonllos rezando en cada un dos chanzos e remataban o rito pasando a través deles.
A crenza popular asegura que se non se percorren de vivo, se fará de morto. Ademais cada un dos tres ocos recibe un nome: inferno, ceo e purgatorio. A tradición popular atribúellos ao Apóstolo para librarse dos seus perseguidores, asegurando que a pedra cedeu para que Santiago puidese agochar nela a súa cabeza e brazo dereito.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.