CAPELA DE SANTIAGUIÑO DO MONTE

Relixioso
461
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Monte de San Gregorio

15900  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 16.0" N - 8º 40' 02.9" W

Descrición

Descoñécese a data da súa edificación, pero no século XV Rodrigo de Luna impulsa a súa reconstrución. Na porta da fachada leste, antiga entrada, o relevo representa o bautismo da raíña Lupa por parte do Apóstolo. O interior da ermida consta dun único altar presidido pola imaxe pétrea de Santiago, erosionada nos dedos e mans debido ao rozamento dos peregrinos durante séculos. Nas súas inmediacións hai un grupo de rochas e no centro do conxunto dos 10 grandes batolitos, destaca a figura de Santiago sobre unha peaña.

No século XVI, os peregrinos subían as rochas de xeonllos rezando en cada un dos chanzos e remataban o rito pasando a través deles.

A crenza popular asegura que se non se percorren de vivo, se fará de morto. Ademais cada un dos tres ocos recibe un nome: inferno, ceo e purgatorio. A tradición popular atribúellos ao Apóstolo para librarse dos seus perseguidores, asegurando que a pedra cedeu para que Santiago puidese agochar nela a súa cabeza e brazo dereito. 

Acceso

Dende a capital municipal, hai que coller a estrada cara a Rois. 
Indo a pé, a uns 50 metros, atópanse as escaleiras que nos levan ata o Santiaguiño do Monte.
Se se vai en coche ou autocar hai que continuar esta estrada e a 1 km atópase o desvío á man esquerda, na mesma dirección que o centro escolar Rosalía de Castro. 
Na ladeira do monte san Gregorio está a capela, á man esquerda.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Arriba