IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEIRO

Relixioso
1265
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Leiro (Santa María)

Lugar: A Igrexa

15928  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 20.0" N - 8º 46' 41.9" W

Descrición

Igrexa construída entre os séculos XII e XIII con engadidos barrocos. É de planta rectangular con ábsida cuadrangular na cabeceira. Esta está cuberta con bóveda estrelada e a nave principal con falsa bóveda de canón rebaixada. A cuberta, en tella, é a dúas augas. Os muros son de cachotaría en granito, excepto a fachada e a torre que son de cantería. A sancristía, cuadrangular, é un engadido a continuación da ábsida. A fachada principal ten unha portada rectangular, posiblemente maior que a orixinal, xa que desborda o orixinario arco de medio punto enmarcado por xambas e con decoración floral nas arquivoltas. Sobre a porta, un dosel en forma de cuncha coa imaxe da Virxe con Cristo nos brazos. A continuación ábrese un pequeno rosetón. A torre, no lateral sur da fachada, é de planta cadrada e componse de tres tramos, o primeiro totalmente liso (século XIII), e os dous últimos de estilo barroco. Remata cunha pequena cúpula.

Acceso

Dende a Praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a primeira saída pola estrada DP-3301 cara a Leiro. No lugar de Rañó, na parroquia de Leiro, tomamos o desvío á esquerda cara ao lugar da Igrexa, e alí atopamos Santa María de Leiro.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba