Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTIAGO DE CARRIL&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTIAGO DE CARRIL extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5084/igrexa-de-santiago-de-carril?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: O Carril (Santiago)
Lugar: O Carril
Rúa Extramuros 11
36610 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
A igrexa de Carril dedicada a Santiago Apóstolo, foi construída no século XVII, rematan as obras no ano 1666.
A súa orixe é gótico, como o amosan os arcos e nervaduras da capela das Ánimas, a traza xeral é renacentista.
A fachada organízase ao redor de dúas grandes columnas acanaladas rematadas en pináculo. Entre estas e a porta de acceso dispóñense catro imaxes de pedra. Sobre a porta ábrese un gran rosetón e enriba deste, en releve, a figura de Santiago Apóstolo a cabalo.
O retablo maior foi traído da igrexa de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago. Obra do arquitecto Domingo de Andrade, un dos principais representantes do barroco galego, chegou a Carril coincidindo coa apertura da liña de ferrocarril Santiago-Carril, a primeira de Galicia. No seu interior pódese admirar a mesa do altar que, na súa orixe, estivo na cripta da catedral de Santiago de Compostela e albergou os restos do Apóstolo.
Do exterior destaca o cruceiro que se atopa entre os mellores de Galicia.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.