IGREXA DE SANTIAGO DE CARRIL

Relixioso
1221
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Carril (Santiago)

Lugar: O Carril

Rúa Extramuros 11

36610  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 54.1" N - 8º 46' 28.0" W

Descrición

A igrexa de Carril dedicada a Santiago Apóstolo, foi construída no século XVII, rematan as obras no ano 1666.
A súa orixe é gótico, como o amosan os arcos e nervaduras da capela das Ánimas, a traza xeral é renacentista.

A fachada organízase ao redor de dúas grandes columnas acanaladas rematadas en pináculo. Entre estas e a porta de acceso dispóñense catro imaxes de pedra. Sobre a porta ábrese un gran rosetón e enriba deste, en releve, a figura de Santiago Apóstolo a cabalo.
O retablo maior foi traído da igrexa de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago. Obra do arquitecto Domingo de Andrade, un dos principais representantes do barroco galego, chegou a Carril coincidindo coa apertura da liña de ferrocarril Santiago-Carril, a primeira de Galicia. No seu interior pódese admirar a mesa do altar que, na súa orixe, estivo na cripta da catedral de Santiago de Compostela e albergou os restos do Apóstolo.
Do exterior destaca o cruceiro que se atopa entre os mellores de Galicia.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba