IGREXA DE SAN MUNIO DE VEIGA

Relixioso
1694

Localización

Parroquia: Veiga (San Munio)

Lugar: Veiga

32812  A Bola - Ourense

Coordenadas:
42º 08' 15.0" N - 7º 55' 47.9" W

Descrición

Mosteiro fundado no século IX por San Munio, que se atopa sepultado na capela maior da igrexa, aplicándose as súas reliquias aos endemoniados para liberalos de Satanás.
A igrexa é unha das mostras máis curiosas do románico oixival. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular. Das súas orixes conserva unha torre lateral, que data do século IX, pero a forma actual é románica de transición. Destaca tamén a porta lateral, con arco apuntado e arquivoltas decoradas con motivos vexetais, e un tímpano con cruz grega sobre mochetas que representan as cabezas dun lobo e un carneiro.
No seu interior destaca unha cruz procesional de estilo románico-bizantino, realizada en madeira, recuberta de bronce esmaltado e decorada con cabuxón de cristal de gran valor.
Arriba