IGREXA DE SAN PEDRO DE LEIRADO

Relixioso
1136

Localización

Parroquia: Leirado (San Pedro)

Lugar: Leirado

32814  Quintela de Leirado - Ourense

Coordenadas:
42º 07' 43.4" N - 8º 05' 28.8" W

Descrición

A edificación primitiva era románica, e data do século XII, pero desta só se conserva a ábsida e a porta norte, realizada con arco de medio punto.

Igrexa dunha soa nave de planta rectangular, con cuberta a dúas augas de laxes de lousa, e os muros son graníticos. Espadana de dous corpos aos pés do edificio, con dous vans na parte inferior e un na superior.

Arriba