IGREXA DE SAN SALVADOR DE REDEMUIÑOS

Relixioso
1448

Localización

Parroquia: Redemuíños (San Salvador)

Lugar: Atrio

32814  Quintela de Leirado - Ourense

Coordenadas:
42º 08' 45.3" N - 8º 04' 56.3" W

Descrición

Edificio situado nun lugar privilexiado, nos derrames sudoccidentais da Serra da Moura dende onde se divisa a amplitude do Val do Deva, que se desenvolve ao longo do municipio de Quintela de Leirado, en dirección SE-NO.
A súa estrutura consta dunha soa nave que remata nun sinxelo campanario de corte clásico, que serve de marco á fachada principal, na mesma liña. É o máis característico do conxunto e a súa composición recorda aos templos romanos da antigüidade, pois a porta principal se atopa enmarcada por dous pares de semicolumnas en relevo que sustentan un frontón no centro do cal se sitúa a figura de San Salvador nunha fornela. Todo iso está arroupado nun grande frontón que domina o conxunto.
Arriba