IGREXA DE SANTA MARÍA DE XUVENCOS

Relixioso
1504

Localización

Parroquia: Xuvencos (Santa María)

Lugar: O Penedo de Xuvencos

32514  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 26' 25.8" N - 8º 07' 47.2" W

Descrición

Conxunto conformado pola Igrexa, S. XII, o cruceiro dos Bispos e a escalinata que da acceso á mesma.
Na nave principal, de orixe románica, destacan os canzorros nas cornixas laterais; as dúas entradas ao templo, con columnas que rematan nuns capiteis marcadamente decorados. Na fachada principal aparece unha fiada de sillares con motivos decorativos referidos a animais, formas xeométricas e outras simboloxías paganas. Entre as reformas posteriores destaca o adosamento da actual sancristía ou a reforma dos anos 30 do século XX que afectou a espadana, refeita e medrada en altura. Tamén a construción do actual presbiterio que presenta bóveda de crucería. Tamén foi engadida unha capela lateral.
Do interior destaca o retablo maior, de concepción barroca: follas de vide, acios de uva, columnas salomónicas e unha policromía a base de pan de ouro.
Arriba