IGREXA DE SANTA MARÍA DE LAMAS

Relixioso
1806

Localización

Parroquia: Lamas (Santa María)

Lugar: O Casar

32428  Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 51.9" N - 8º 10' 35.9" W

Descrición

Situada nas proximidades do lugar que ocupou o castelo onde sufriu prisión Alfonso VII. Igrexa que, tanto pola súa estrutura coma polos seus motivos ornamentais, é unha mostra do románico rural galego, ten unha nave e ábsida rectangulares, cuberta por bóveda de madeira.
En cada un dos seus muros ábrense sinxelas portas románicas, sendo a máis notable a de poñente, con volutas, capiteis e tímpano de características populares.

Acceso

A 6 Km do cruzamento de Leiro e a través dunha estrada local.
Arriba