Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA CONVENTUAL SANTA CLARA&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA CONVENTUAL SANTA CLARA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5227/igrexa-conventual-santa-clara?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Rúa: Campo da Feira
32660 Allariz - Ourense
É a maior obra barroca de Allariz.
Foi concibida con deseño austero en planta e alzado. O encargo da obra fíxose a Simón Rodríguez, mestre que construíra en anos anteriores varios templos en Santiago e na Coruña.O artista falece en 1752 sen ver o comezo da obra posto que os traballos se atrasaron ata 1757, cando un incencio destruíu o edificio do século XIV, tendo este que ser totalmente demolido para ser levantado seguindo principios construtivos e artísticos do barroco compostelano.
A portada concentra o maior despregamento ornamental do edificio, executada por canteros locais. Presenta unha decoración xeométrica, sendo unha simplificación da portada do Convento de Santa Clara da cidade de Santiago de Compostela. Artisticamente, a porta está rodeada dun marco reafundido, creándose así un claroscuro moi característico das obras barrocas. No lintel destaca unha vieira. sobre a entrada sitúase unha fornela remarcada por volutas que alberga a imaxe de Santa Clara. A un nivel superior e seguindo unha orde xeométrica sitúase unha ventá e a imaxe do Padre Eterno, rodeado de volutas, nubes e coroado co triángulo simbólico da Trinidade.
No seu interior presenta unha planta de cruz latina, con nave de dous tramos, cruceiro e presbiterio rectangular. O espazo articúlase racionalmente, exaltando o eixe lonxitudinal do templo cara ao altar. Presenta un interior moi dinámico e plástico, característico do Barroco, destacando o orixinal arco trilobulado do coro alto, con clara influencia de Domingo de Andrade.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.