IGREXA DE SAN MIGUEL DE LOBIOS

Relixioso
251

Localización

Parroquia: Lobios (San Miguel)

Lugar: Lobios

32870  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 54' 15.5" N - 8º 05' 01.9" W

Descrición

A igrexa de San Miguel de Lobios é un fermoso monumento situado no lugar de Fondevila.
De estilo barroco, s.XVIII, destaca o seu enorme campanario, que sobresae moi estilizado do corpo rectangular do templo. Precisamente esa característica, a súa planta rectangular, contrasta coa maioría das igrexas parroquiais de A Baixa Limia, de planta en forma de cruz latina. De aí a súa singularidade.
Construída e realizada en 1755, a súa característica principal é que a torre do campanario adiantase a fachada principal, centrada e separada do corpo do templo, o que permite a creación de pórticos na súa base. O atrio accedese a través de dous laterais, mostrando así un criterio moi barroco. A torre divídese en varios corpos, con unha gran balaustrada e pináculos rematados en bolas.
No interior observamos retablos e imaxinería.
Esta igrexa presenta un importante parecido a de San Salvador de Manín (1764), co mesmo sistema de campanario. Esto débese a que ambos templos mandounos construir o mesmo abade, Don Manuel de la Llana.

Acceso

Dende a OU-540 dirixirse cara á capitalidade municipal. Entrando en Lobios collemos a esquerda, OU-1202, como si fósemos á casa do concello. Aparcando enfronte do concello debemos percorrer uns 100 m ata chegar a igrexa.
Arriba