MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA (MUNCYT)

Museos e coleccións
2402
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Museo Nacional 1

15011  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 23.9" N - 8º 25' 13.0" W

Descrición

O Muncyt ten varias sedes. O 4 de maio de 2012 os Príncipes de Asturias inauguraron a sede coruñesa no edificio Prisma de Cristal. O edificio foi proxectado por  Victoria Acivro e Anxo Alonso. O que externamente é un cubo de vidro sorprende ao penetrar no seu interior, revelando a existencia de dous edificios nun. Unha enorme árbore de formigón alberga os servizos do museo (oficinas, biblioteca, salón de actos, aula de restauración, talleres), mentres que o espazo entre o exterior desta árbore e o cubo de vidro define unhas salas de exposicións que contan con diversas alturas e configuracións, coa particularidade de que cada sala pode contemplarse dende distintas perspectivas.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Máis información

Web: https://museos.xunta.gal/gl/museos/museo-nacional-ciencia-e-tecnoloxia-muncyt
Titularidade: Pública (Estatal)

Tipos de servizos

Acceso a persoas con mobilidade reducida
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba