IGREXA DE SAN COSME DE OUSELLE

Relixioso
1011

Localización

Parroquia: Ouselle (San Cosme)

Lugar: Ouselle

27668  Becerreá - Lugo

Coordenadas:
42º 51' 37.0" N - 7º 08' 56.9" W

Descrición

Igrexa románica de mediados do s.XII ou principios do s.XIII, realizada en cachotaría miúda de pedra calcaria. A planta da nave é rectangular, coa ábsida máis baixa e estreita. Tanto a porta principal como a do costado sur son de lintel monolítico, aquela sobre molduras rudas, e esta de impostas saíntes. En cada lateral, ilumina o interior unha seteira de arco con amplo derramo por dentro, o mesmo que o ventanal que se abre sobre o arco de ingreso da capela maior. Os modillones son rudos e sinxelos e coroa o frontis un campanil rústico. A ábsida consta de tramo recto e testeiro redondo con bóveda de pedra (pouco diferenciados entre eles). Arco triunfal de medio punto, en aresta sobre o muro, con impostas de sección recta que se estenden por toda a fronte da nave. Diante da fachada, o típico pórtico con porta de arco redondo pola entrada principal. No lateral esquerdo do presbiterio sitúase a sancristía. No interior, o retablo principal é barroco, con tres fornelas e o busto do Padre Eterno. O retablo lateral, de liñas neoclásicas e ornamentación rococó, data de 1970.
Arriba