IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENZO DOS VILARES

Relixioso
1573
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Os Vilares (San Vicenzo)

Lugar: As Reixas

27307  Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 14' 24.9" N - 7º 51' 29.0" W

Descrición

Igrexa de planta de cruz latina, de nave rectangular do s. XII cuberta a dúas augas, seguida dun cruceiro con catro arcos torales a catro augas, sancristía detrás do presbiterio e un pórtico pequeno pegado ao lateral dereito da nave. Construída en cadeirado de granito e con cuberta de lousa. Os restos románicos redúcense aos muros laterais da nave con varios canecillos, sendo a fachada principal do XVIII, con porta alintelada, ventá central, fornela con imaxe e espadana dun só corpo e de dous vans, con escaleira exterior de acceso pegada ao muro esquerdo da nave. Interior: restos de pintura do enterro do Conde Orgaz, catro retablos neoclásicos e un barroco con talles dos ss. XVII e XVIII. Adro murado con baixo muro de pedra granítica, cun cruceiro, dúas pilas bautismais e un sarcófago. Calvario nas inmediacións. Nesta Igrexa celébrase a popular romaxe da Virxe dos Desamparados.

Acceso

Dende o Campo de "A feira" de Guitiriz sae cara ao norte unha estrada sinalizada cara a Os Vilares. Distancia 9 km.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba