IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE VILAR

Relixioso
970
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilar (Santa María)

Lugar: O Campo da Vila

27377  Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 08' 00.9" N - 7º 54' 29.9" W

Descrición

Igrexa románica de pequenas dimensións, que data da segunda metade do s. XII. De estrutura sinxela e sen decoración ningunha, con nave rectangular, capela maior cuadrangular e sancristía pegada en lateral esquerdo. Fabricada en cadeirado granítico e con cuberta de lousa a dúas augas en nave e presbiterio, e a unha en sancristía, no interior da cal se observan primitivos canecillos. Fachada con porta alintelada e espadana dun só van. Porta de arco no muro esquerdo. Interior: lápidas ilexibles no pavimento de laxes graníticas, arco triunfal de medio punto, retablo maior barroco e laterais renacentistas con talles dos ss. XVI, XVII e XVIII. Nunha recente restauración foi atopada no chan unha pedra escudo que resulta ilexible, que foi trasladada á mesa de altar. Adro cemiterio arredor, murado, e nas inmediacións cruceiro e palco de música para as festas parroquiais.

Acceso

Dende Guitiriz vaise pola estrada de Negradas. A 1 km de Mariz está Vilar.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba