IGREXA PARROQUIAL DE SAN XIAO DO CAMIÑO

Relixioso
893
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xiao do Camiño (San Xiao)

Lugar: San Xiao

27204  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 52' 26.9" N - 7º 54' 15.0" W

Descrición

Igrexa románica de finais do século XII con importantes reformas no século XVIII. É de planta rectangular, con nave rectangular reedificada sobre a cimentación románica e ábsida semicircular pegada a un corpo rectangular de presbiterio. Fabricada con muros de cadeirado de granito e con cuberta de tella a dúas augas. Frontis con porta principal alintelada e espadana dun van. Interesante ventanal románico de arco de medio punto na cabeceira da ábsida. Interior: arco triunfal peraltado con capiteis de carnosas follas en voluta, bóveda de canón e cuarto de laranxa na ábsida e retablo maior neoclásico do XIX. Adro-cemiterio en torno.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba