IGREXA DE SANTA MARÍA DE NOCEDA

Relixioso
1353
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Noceda (Santa María)

Lugar: Eirixe

36512  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 41' 57.9" N - 8º 11' 27.9" W

Descrición

Templo  de unha soa nave con varios engadidos. A parroquia de Noceda aparece en documentos do século X pero é probable que os vestixios románicos que aínda conserva sexan de finais do século XII. Aínda que reformado, o testeiro conserva unha fiestra con capiteis con aves esculpidas. No interior pode verse  unha fornela para a que se aproveitaron columnas e capiteis da fábrica orixinal; tamén podemos ver dous capiteis, orixinarios do arco triunfal, con bestas mitolóxicas talladas facendo de base do altar; a pía bautismal sería así mesmo do mesmo período. Unha das capelas laterais, de estilo gótico presenta sepulturas da casa de Golmar; destaca a estatua de Gonzalo Taboada e Ulloa, coas armas dos Taboada e os Deza.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba