IGREXA PARROQUIAL DE SAN CIBRAO DE POL

Relixioso
960
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pol (San Cibrao)

Lugar: Pol

27568  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 47' 51.9" N - 7º 47' 34.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico, da segunda metade do XII, con reformas no XIX que afectaron á fronte e á zona da nave. Presenta planta rectangular e ábsida coa mesma forma. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. O arco triunfal, de medio punto, de aresta viva, peche nos saimeis e algo descentrado,  descansa sobre unha imposta lisa. A gornición do arco consta de baquetón ancho con imposta de bólas e columnas exentas que rematan en capiteis con decoración vexetal. Na ábsida conserva unha seteira tapiada na actualidade. En parte do beirado consérvanse canzorros moi erosionados con decoración variada (figuración humana, animal e xeométrica). Tanto debaixo do ángulo ocasionado polas vertentes do tellado da nave coma da ábsida atópanse senllas cabezas de animal. A portada está rematada cunha espadana dun só van. Detrás do altar maior e no muro sur aprécianse pinturas murais do século XVI, recubertas parcialmente por varias capas de cal. 

Acceso

Dende a vila de Monterroso chégase á igrexa de Pol tomando a nacional 640 en dirección a Lugo. A 3,4 quilómetros, á altura de Sandolfe, é preciso tomar un desvío á man dereita por unha pista e tras avanzar uns 800 m atópase o templo.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba