IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE FUFÍN

Relixioso
815
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fufín (San Martiño)

Lugar: Fufín

27215  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 49' 58.9" N - 7º 49' 54.9" W

Descrición

Edificio de planta rectangular, muros case na súa totalidade de cantería de granito e cuberta de tella a dúas augas. Sufriu varias reconstrucións nas que perdeu parte da súa esencia románica. No frontis presenta porta principal sobre a que se cingue un arco con arquivolta de baquetón, baquetilla e axadrezado. Apóiase en dúas columnas e fustes sobre os que se dispón unha imposta. A presencia de arco con doelas no tímpano permite datar a súa fábrica nos últimos anos do século XII.

Acceso

Saíndo de Monterroso tomar cara a Cumbraos. A 3,8 km coller o desvío á dereita sinalizado. A 2,4 km está Fufín.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba