IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE LODOSO

Relixioso
875
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lodoso (San Xoán)

Lugar: Lodoso

27215  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 50' 25.9" N - 7º 49' 03.9" W

Descrición

Igrexa que recibiu importantes reformas nos últimos séculos, perdendo a súa imaxe exterior románica ao lle ser elevada a ábsida e serlle construída unha sancristía. Tamén a porta principal se viu reformada, pois presenta un exemplar alintelado no que en orixe era un arco.  A nave é rectangular.

Os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta é de tella a dúas augas. Conserva restos románicos no arco triunfal de medio punto. No frontis presenta ollo de boi de grandes dimensións e espadana dun só van. No beirado hai algúns canzorros e, nos muros, restos de inscricións nalgúns perpiaños. 

Acceso

Dende Monterroso tomar dirección Cumbraos. A 1 km virar á dereita ata chegar a Lucencia (5 km). Alí hai que torcer á esquerda en dirección Penaforcada e despois dun quilómetro coller á esquerda ata a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba