IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SALGUEIROS

Relixioso
863
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Salgueiros (Santa María)

Lugar: Airexe

27568  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 49' 53.9" N - 7º 45' 51.0" W

Descrición

Edificio románico que sufriu unha remodelación no século XVIII na que se lle subiu a ábsida a maior altura que a nave. Ten porta principal con arco de medio punto adoelado. O frontis barroco remata nunha espadana dun só van. Posúe nave rectangular e ábsida cadrada. Os muros son de cachotería e cantería de granito aínda que parte deles están lucidos. A cuberta da nave é a dúas augas mentres que a da ábsida é a catro. A ábsida ten un van rectangular. No interior consérvase un interesante altar barroco.

Acceso

Dende Monterroso tomar dirección Lugo. A 8,7 km tomar desvío á esquerda e a 150 m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba