IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DE CHANTADA

Relixioso
1201
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Chantada (Santa Mariña)

Praza do mercado s/n

27500  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 28.9" N - 7º 46' 10.9" W

Descrición

A nave é rectangular, con ábsida semicircular. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito, con cuberta de tella a dúas e catro augas. A sancristía está apegada á cabeceira. O arco triunfal que separa a nave do presbiterio é de medio punto. Destaca desta igrexa a fronte, de estilo neoclásico, realizada no ano 1818. Está conformada por catro pilastras, unha sobria cornixa e un frontón partido, do que arranca a base que sostén a torre. Esta é de forma cadrada, cun segundo corpo octogonal, coroado por un cupulín.

Acceso

No centro histórico da vila de Chantada.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba