IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE ASMA

Relixioso
1121
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Salvador de Asma (San Salvador)

Lugar: A Portada

27519  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 05.0" N - 7º 45' 47.9" W

Descrición

Edificio construído no século XII e que sufriu reformas no XVI. Presenta nave rectangular, ábsida heptagonal no interior e semicircular no exterior. A obra foi realizada en cantería e cachotería de granito con cuberta de tella a dúas augas na nave e a tres no presbiterio. Oculta por un retablo hai unha porta tapiada con arco de medio punto e arquivolta tórica, con moldura, capiteis zoomorfos e tímpano decorado con dous dragóns cos pescozos entrelazados. A ábsida iníciase con arco triunfal de medio punto e posúe ventás nos tramos que se separan por columnas apegadas, con arquivoltas, molduras axadrezadas e capiteis de decoración zoomorfa e vexetal. Conserva algúns canzorros con decoración variada e unha espadana de dous vans.

Acceso

Saír de Chantada en dirección aos Peares pola estrada LU-P-1801 e a 1,2 km coller un desvío á dereita. A 150 m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba