IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE VILAÚXE

Relixioso
1005
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaúxe (San Salvador)

Lugar: A Eirexe

27514  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 10.9" N - 7º 45' 29.0" W

Descrición

Foi realizada na primeira metade do século XIX. Ten planta rectangular e capela maior cadrada, coa sancristía apegada á cabeceira. Capela maior con arco triunfal de medio punto e arco de descarga no muro do altar maior. O frontispicio está coroado cunha espadana sinxela de dous vans. Conserva no interior tres retablos. O maior é neogótico, o dereito neoclásico e o esquerdo rococó.

Acceso

En Chantada tomar a LU-P-1801 en dirección Belesar- Peares. A 2,5 km desvío sinalizado á dereita. A 5,6 km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba