IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE MARIZ

Relixioso
984
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mariz (San Martiño)

Lugar: Mariz

27518  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 20.0" N - 7º 47' 57.9" W

Descrición

A construción orixinal data do século XII. Na actualidade ten planta rectangular, con muros de cachotería e cantería de granito. Cuberta de tella a dúas augas na nave e a catro na capela maior. A sancristía está apegada á cabeceira. A ábsida divídese da nave mediante un arco triunfal de medio punto. A portada sur é románica, con arco de medio punto, arquivolta de baquetón e escocias, gornición de billetes, imposta lisa e columnas acobadadas dunha orde, ademais de capiteis con motivos vexetais e bólas. O tímpano é liso, perfilado con moldura de baquetón. O frontispicio remátase cunha torre-campanario de dous corpos cadrados.
Consérvanse no interior tres retablos, todos eles de estilo neoclásico.

Acceso

Saír de Chantada en dirección Antas de Ulla pola estrada LU-P-1809, a uns 5 km aproximadamente.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba