IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE ARCOS

Relixioso
1078
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arcos (Santa María)

Lugar: Arcos

27518  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 33.9" N - 7º 48' 28.0" W

Descrición

Edificio que ten as súas orixes no século XII, e que sufriu importantes reformas no XVIII. Ten planta rectangular, coa sancristía apegada ao alzado sur do presbiterio. Está cuberta con tella a dúas augas na nave e a capela maior a catro. A sancristía está apegada ao alzado sur do presbiterio. Porta norte románica con arco de medio punto con arquivolta de baquetón e escocias, gornición lisa, columnas acobadadas e un tímpano liso. O arco triunfal da nave é de medio punto e imposta. Unha espadana de dous vans culmina a fachada principal. Conserva no interior un retablo neoclásico realizado no ano 1885.

Acceso

Partindo de Chantada en dirección Antas de Ulla pola LU-P-1809 e a uns 7 km coller un desvío á esquerda pola LU-211.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba