IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE REQUEIXO

Relixioso
979
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Requeixo (Santiago)

Lugar: Fontela

27513  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 47.0" N - 7º 51' 54.0" W

Descrición

Edificio da segunda metade do século XII, con reformas no XVIII. Os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. O arco triunfal ten peche nos saimeis e dúas arquivoltas con columnas dunha orde e capiteis con motivos vexetais e antropomorfos. O tramo recto da ábsida enlázase coa cabeceira semicircular por medio dun arco faixón, con dous capiteis con motivos animais e vexetais. Cabeceira dividida en tres tramos por catro columnas apegadas. No testeiro, ventá con arco de medio punto, capiteis historiados e imposta lisa. Consérvanse varios canzorros. O frontispicio remata cunha torre-campanario de varios corpos.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-213 en dirección a Lalín-Santiago. A 3 km desviarse á esquerda pola estrada LU-P-1002. A 5 km aproximadamente tomar o desvío á dereita en dirección a Requeixo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba