IGREXA DE SANTIAGO DE BRAVOS

Relixioso
950

Localización

Parroquia: Bravos (Santiago)

Lugar: A Igrexa

27867  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 35' 57.1" N - 7º 39' 08.1" W

Descrición

Templo que arranca de finais do s. XVI e primeiro cuarto do XVII, con grandes reformas no XVIII e en época recente. Fabricado en cadeirado de granito, rebocada de branco exceptuando a airosa torre campanario central e os esquinales e reforzos de vans, con cuberta de lousa a tres augas.
De planta rectangular con ampla nave central e dúas laterais, separadas por arcos de medio punto. Capela de Fátima e sancristía pegadas ao presbiterio. Frontis ocupado no seu tramo central pola torre campanario de tres corpos, remate en cupulín e porta principal alintelada baixo arcada de medio punto.
Interior: arco triunfal, falsa bóveda de canón en nave central, inscrición de data 1630 na porta de sancristía, retablo maior do XVIII e catro retablos laterais da mesma época.
Arriba