Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTA MARÍA DOS ÁNXELES&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTA MARÍA DOS ÁNXELES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5609/igrexa-de-santa-maria-dos-anxeles?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Esta igrexa, antigamente coñecida como Santa María de Pérros, por ser este o nome da freguesía ata o século XVI, conserva restos románicos da construción orixinal, coma a cruz antefixa na cabeceira, ou restos de decoración nos muros da sancristía.
A actual edificación, de mediados do século XVIII e planta de cruz latina de única nave, ergueuse probablemente seguindo o proxecto de Francisco Fernández Sarela. O templo conta con interesantes e valiosos retablos. O principal, de 1794 e estilo neoclásico, foi realizado por Ramón Pérez Monroy, arquitecto e escultor compostelán que asina o contrato de execución co abade Manuel Baqueo y Malvar pola cantidade de 20.000 reais. Na fachada destaca a fornela que acubilla unha imaxe da Virxe, sobre a que se dispón un reloxo.
O conxunto péchase cunha torre campanario tipicamente barroca. Interesante reloxo de sol no paramento e dúas pías bautismais no adro.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.