IGREXA DE SAN XOÁN DE LAÍÑO

Relixioso
1125
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xoán de Laíño (San Xoán)

Lugar: Imo

15981  Dodro - A Coruña

Coordenadas:
42º 42' 59.1" N - 8º 43' 42.0" W

Descrición

Data do século XVIII, de 1754, con planta rectangular con unha soa nave dividida en tres tramos por arcos faxóns sobre pilares, cuberta con bóveda de canón. Ábsida cuadrangular na cabeceira cunha sacristía nun lateral. O retablo e as capelas presentan estrutura de época neoclásica. A fachada principal é sinxela, cun campanario na esquina esquerda, de planta cadrada na parte inferior e octogonal no resto. Conta con unha porta central e enriba desta é visible unha fornecina coa imaxe da Virxe. Muros de cantería e cuberta a dúas augas con tella. No exterior forman un fermoso conxunto o Vía Crucis e máis un coidado xardín que dá acceso á igrexa. Construída polos discípulos de Simón Rodríguez e de Francisco Núnez de Boiro.

Acceso

Dende a Casa do Concello na AC-305 (Pk 2,9) seguimos 1,3 Km dirección Rianxo e no cruce á dereita collemos a pista que nos leva a igrexa en 850 m. Está sinalizado.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Barroco
Arriba