IGREXA DE SAN TIRSO DE CANDO

Relixioso
1591

Localización

Parroquia: Cando (San Tirso)

Lugar: Cando de Abaixo

15286  Outes - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 57.9" N - 8º 51' 50.0" W

Descrición

Construída en 1744.

Ten unha nave de planta de cruz latina, muros de cachotaría e tellado de tella. A fachada ten un frontón triangular cunha fornela no tímpano, molduras decorando a porta e unha ventá na parte superior. Sancristía pegada ao testeiro.
Torre-campanario exentar, de catro corpos, decorada con placas, pilastras, pináculos e bólas, coroada por un cupulín. Ten retablos barrocos con imaxes no interior.

Nas súas inmediacións está a capela da Nosa Señora do Carme e un cruceiro.

Arriba