Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN MIGUEL DE VALADARES&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN MIGUEL DE VALADARES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5702/igrexa-de-san-miguel-de-valadares?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Valadares (San Miguel)
Lugar: Valadares
15239 Outes - A Coruña
Construída no s. XIX.
Sabemos polo cardeal Jerónimo del Hoyo que xa existía en 1607. En 1762 tivo unha reparación feita polo mestre Varela. En 1801 o canteiro Juan Martinez fixo as escaleiras da tribuna e no 1809 realizouse outra reforma da capela maior. En 1817 engadiuse a torre do campanario.
Ten unha nave de planta de cruz latina, muros de cantería granítica, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten unha porta coroada por un semiarco e a imaxe de San Miguel coas súas dúas representacións: vencedor de Satán e pesador de almas. Sobre esta hai un pequeno van. Campanario de dous corpos, compostos de catro machóns con arcos de medio punto e rematado por un cupulín, que soporta un pináculo.
No interior conserva un retablo neogótico (Ramón Creo Vilas 1912) dun só corpo con imaxes de San Miguel, San Pedro e o Rosario.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.