IGREXA DE SAN COSME DE OUTEIRO

Relixioso
1352

Localización

Parroquia: San Cosme de Outeiro (San Cosme)

15287  Outes - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 46.0" N - 8º 55' 11.9" W

Descrición

Construída en 1753.
Ten unha nave de planta de cruz latina, muros de cantería granítica e cachotaría e tellado de tella. A fachada ten unha porta enmarcada por unha fornela coa imaxe pétrea do Patrón. Sancristía pegada ao presbiterio. Torre-campanario de tres corpos, decorado con pilastras e cornixas, rematada por un cupulín sobre tambor octogonal.

Ten un retablo maior do ano 1759 con distintas imaxes e outros dous retablos laterales dedicados o Carme e outro a San Antonio.
Escalinata de dobre rampla con balaustrada superior e pináculos que dá acceso á igrexa.

Arriba