IGREXA PARROQUIAL DE SANTA EUFEMIA DO MONTE

Relixioso
1107
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Eufemia do Monte (Santa Eufemia)

Lugar: A Igrexa

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 03.9" N - 7º 59' 13.9" W

Descrición

Data do século XII. Ten planta rectangular realizada en cachotaría. Presenta cuberta de tella a dúas augas. A ábsida ten arco de medio punto apoiado sobre columnas con sinxelo capitel. Presenta porta de acceso lateral de sinxela factura. A fachada ten un portalón de entrada, con arco de medio punto; que está incrustado nun frontón triangular apoiado sobre piares con capiteis decorados. Na parte interior sobre a porta da ermida, hai unha ventá alintelada. A espadana campanario ten un van e unha cruz na parte superior.

Acceso

Partindo de Souto cara a Melide, á altura do km 6, lugar da Fraga, tomamos o desvío á esquerda e seguimos un quilómetro ata Santa Eufemia do Monte.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba