IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE ILLOBRE

Relixioso
903
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Illobre (Santo André)

Lugar: A Igrexa

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 57.9" N - 8º 30' 21.9" W

Descrición

A nave central e as torres datan do s. XVIII, sendo a capela maior algo máis antiga. O templo é de planta de cruz latina con ábsida semicircular. Sobre a portada principal levántase un campanario de planta cadrada rematado por unha cúpula semicircular sustentada por pequenos piares. No interior destaca o retablo de 1641 realizado por Domingos Vaamonde, talista compostelán.

Acceso

Dende o concello collemos a estrada DP-8203 dirección Santiago a cal continuamos ata chegar ó cruce anterior ó Supermercado Claudio-O Terrón. Alí, a man dereita veremos un panel indicador que pon “Igrexa” en rosa, Viñogrande, Viñopequeno, Piñeiro e no cruce collemos cara a esquerda. Continuaremos por esa estrada ata chegar a outro cruce que tamén  pon na sinal rosa “Igrexa” e collemos cara a esquerda. Continuaremos por esa estrada ata chegar diante da igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba