IGREXA DE SAN MIGUEL DE SARANDÓN

Relixioso
1231
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Miguel de Sarandón (San Miguel)

Lugar: A Pedreira 1

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 20.9" N - 8º 27' 20.9" W

Descrición

A igrexa atópase dentro dun belo conxunto do que tamén forman parte o campo da feira, dous palcos, un deles un quiosco de estilo modernista, a casa rectoral e un cruceiro.
O templo é de planta rectangular cunha capela lateral pegada. Sobre a fachada principal érguese unha espadaña de dobre campanario rematada por dous pináculos e unha torrecilla coroada cun viraventos.

Acceso

Dende a casa do concello collemos a DP-8203 dirección Ourense onde a poucos metros se xunta ca DP-1202, pola que continuaremos ata un cruce onde hai un illote no medio con un farol onde colleremos á dereita ata o final da estrada. Alí colleremos cara a dereita pola CP-9801 ata o final da estrada que nos leva a un cruce, onde seguiremos de fronte seguindo o sinal “A Estrada, Pte Sarandón”. Continuaremos esa estrada ata un cruce no cal atopamos o sinal “Igrexa, Dozar e Pedreira”, alí veremos un serradoiro e colleremos á dereita, por onde continuaremos ata un cruce no cal torceremos cara a esquerda o cal nos levará á Igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba