CAPELA DO SANTIAGUIÑO

Relixioso
1172
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Pedro de Vilanova (San Pedro)

Lugar: O Outeiro

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 26.9" N - 8º 25' 56.9" W

Descrición

A construción, xunto coa fonte, trasládase no ano 1724 dende a "Campa do Carballo" ou "Campa dous Romeiros" á súa localización actual. A capela é de planta rectangular, destacando pola sinxeleza da súa fachada e polo seu campanario con arco de medio punto peraltado e dúas campás: unha no van e a outra pegada no exterior.

Acceso

Dende o concello colleremos a DP-8203 dirección Ourense, a cal se une ca DP-1202 e seguirémola ata o seu remate, no cruce no pobo de Lestedo. Alí, colleremos cara a dereita dirección Ourense pola N-525 ata chegar ao Km 325, onde unha vez pasado o primeiro cruce, imos ver un carril para poñernos a esquerda onde nos colocaremos. Nese mesmo cruce pódese ver o indicador da “Capela do Santiaguiño”. Unha vez alí, continuaremos pola estrada ata chegar á capela que a veremos de fronte.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba