IGREXA DE SANTA MARÍA DO CAMPO

Relixioso
1254

Localización

Parroquia: O Campo (Santa María)

Lugar: Sobreiras

Rúa: Poblado Ameal 2

36914  Marín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 21' 55.4" N - 8º 43' 09.9" W

Descrición

Construción de finais do s. XII e principios do s. XIII, de estilo románico algo serodio. Desta época conserva no interior un arco triunfal, rudo, estreito e apuntado, a través do que se accede ao presbiterio rectangular. Nunha segunda fase de construción, s. XVI, realízase a nave de estilo barroco. Posúe unhas magníficas pinturas murais (góticas) e unha interesante fiestra na ábside que é de oco abocinado con columna central e dous pequenos arcos de medio punto laterais. Pertenceu á Encomenda de San Xoán.
Arriba