IGREXA DE SANTIAGO DE CANGAS

Relixioso
1773

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Rúa Real 26

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 51.9" N - 8º 47' 06.0" W

Descrición

A orixe da igrexa de Santiago de Cangas, ex colexiata, remítenos ao ano 1493. É neste ano cando temos constancia da construción do actual templo con capacidade case catedralicia de tres naves separadas por airosas columnas con bóvedas de pedra estreladas e arcos apuntados na súa nave maior. Destaca a súa fachada plateresca do século XVI con corpos de dobres columnas xónicas e corintias estreladas. Os catro evanxelistas en baixo relevo, con bustos e figuras, todo iso coroado polo Padre Eterno no centro dun frontón. En 1542 eríxese en colexiata cun prior e seis racioneiros por orde do bispo de Compostela, Gaspar de Ávalos. Posteriormente levantaríase a Torre do campanario, de estilo barroco denominado "de placas". A súa planta é cadrada e consta de dúas solainas coroadas por unha pequena cúpula exteriormente adornada e con catro pináculos nas súas esquinas. A súa altura ata o final da cúpula é duns 37 metros.

Acceso

Núcleo capital municipal.
Arriba