IGREXA DE SANTA MARÍA DE DARBO

Relixioso
1562

Localización

Parroquia: Darbo (Santa María)

Lugar: O Seixo

Estrada Aldán - Seixo s/n

36949  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 46.0" N - 8º 48' 06.0" W

Descrición

A actual fábrica da Igrexa parroquial de Santa María de Darbo é dos séculos XVII e XVIII, de claro estilo barroco con certa influencia colonial. Todo o conxunto é de granito. A planta é de cruz latina, de brazos curtos e bóveda de medio canón. No cruceiro elévase a cúpula sobre pechinas. A fachada é simétrica, con dúas graciosas torres que rematan en cúpula cónica, figurando nunha delas a data de 1757. O corpo central da fachada forma unha composición arquitectónica rematada nun frontón semicircular coa imaxe da Nosa Señora de Darbo no centro. Todo iso presidido por unha Cruz sobre base labrada que se alza na parte superior do frontón.

Acceso

Saímos de Cangas en dirección a Aldán pola estrada PO-315, tras percorrer 2 km, e seguimos un desvío á dereita, sinalizado por un indicador.
Arriba