CAPELA DE SAN ROQUE DA ERMIDA

Relixioso
1266

Localización

Parroquia: Anos (Santo Estevo)

Lugar: A Ermida

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 24.9" N - 8º 54' 47.0" W

Descrición

Construída no século XVIII, cun estilo barroco, presenta unha planta rectangular e un presbiterio cuadrangular ao que se accede por medio dun arco triunfal. Os muros son de pedra revogada no interior e o exterior, cunha cuberta a dúas augas en tella curva, que esconde unha bóveda de crucería nervada volteada sobre ménsulas no interior. A fachada presenta unha porta de acceso e un ventanuco alintelados, sobresaíndo a espadana dun só van, de moderna construción. Destaca no seu interior un pequeno retablo-tabernáculo de estilo barroco, con columnas con capiteis xónicos.

Acceso

Na estrada C-552, desvío hacia Anos na CP-1402. Está moi preto deste desvío.
Arriba