IGREXA DE SAN PAIO DE CUNDÍNS

Relixioso
1438

Localización

Parroquia: Cundíns (San Paio)

Lugar: Cundíns

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 45.9" N - 8º 53' 42.9" W

Descrición

Igrexa barroca, de tipoloxía rural, con planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía pegada. A cuberta no interior resólvese mediante unha bóveda de crucería nervada na capela maior e bóveda de estrela na capela lateral, con catro claves. No exterior, na nave a cuberta é a dúas augas e a tres augas no pegado. Os muros son de cadeirado de granito. Existen portas en cada un dos módulos. A fachada do anexo presenta unha porta de acceso cun frontón triangular partido por un escudo. Na fachada principal destaca a espadaña, de dous vans, rematada nunha cruz, con figuras xeométricas aos lados.

Acceso

Dende a estrada Ponteceso-Laxe toma o desvío á esquerda na CP-1402 hacia Nantón deixando Neaño á dereita. Pasado o cruce de Leas seguimos recto e o seguinte pobo é Cundíns coa igrexa na marque esquerda da estrada.
Arriba