IGREXA DE SAN PEDRO DE NANTÓN

Relixioso
1437

Localización

Parroquia: Nantón (San Pedro)

Lugar: A Ameixenda

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 50.9" N - 8º 51' 51.9" W

Descrición

Igrexa barroca de tipoloxía rural, construída no século XVIII, aínda que se conserva a ábsida do século XVI. Ten unha planta rectangular, cunha soa nave, dende a que, a través dun arco triunfal, se accede a unha ábsida rectangular, á que se lle pega a sancristía, de planta cuadrangular. A cuberta no interior resólvese mediante unha bóveda de canón sostida por seis arcadas de medio punto, apoiadas sobre ménsulas. Na ábsida a cuberta é nervada. No exterior a cuberta é a dúas augas na nave e a tres na ábsida. Conserva tres retablos de estilos barroco (do mesmo estilo que o de San Martiño de Riobó) e neoclásico. Na fachada principal destaca o campanario, de dous corpos, con planta cadrada, rematado por unha cúpula de forma circular.
O horario de visita é o horario de culto (como todas as igrexas e capelas do concello).

Acceso

Na autovía AG-55 coller a saída 53 (A Pedra-Nantón), continuando pola C-552, desviarse na Ameixenda ata a igrexa parroquial.
Arriba