IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE VALVERDE

Relixioso
804
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Valverde (San Pedro)

Lugar: Valverde

Rúa Valverde 9

27410  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 20.0" N - 7º 28' 58.9" W

Descrición

A fábrica medieval do templo móstrase moi alterada por reformas posteriores. Este atópase no núcleo de Valverde e pertenceu a un mosteiro cluniacense hoxe desaparecido. Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas resolta en lousa e capelas anexas na fachada norte. O acceso ó interior faise por un lateral mediante un arco apuntado con cinco arquivoltas apoiadas en columnas con capiteis de figuras fantásticas de escaso relevo. Na fachada oeste atópase a espadana con dous vans con arcos de medio punto. Na porta meridional hai un lintel con interesante inscrición relacionada coa orixe medieval do templo. No interior a nave divídese en tres tramos separados por dous pares de columnas con capiteis de tipo vexetal agás nun caso en que se representa a loita de dragóns e homes. A igrexa conta con tres retablos dos que destaca o maior realizado sobre 1600 e procedente de San Vicente do Pino en Monforte.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba