IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE TOR

Relixioso
891
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tor (San Xoán)

Lugar: Tor 18

27591  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 02.9" N - 7º 34' 18.9" W

Descrición

Ten planta de cruz latina e está situada no núcleo da Eirexe. Presenta cuberta a dúas augas resolta en tella. A fachada principal ten espadana de grande tamaño con dous vans con arcos de medio punto. Detrás do retablo maior atópase a sancristía. O templo conta con esculturas de San Xoán Bautista, San Roque, San Bartolomeu e Santa Tereixa de Xesús do século XVIII.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba