IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARTA DE MEILÁN

Relixioso
1178

Localización

Parroquia: Santa Marta de Meilán (Santa Marta)

Lugar: Santa Marta

27744  Riotorto - Lugo

Coordenadas:
43º 20' 47.0" N - 7º 16' 44.9" W

Descrición

Igrexa de orixe barroca, que experimentou profundas reformas ao longo da historia. A máis profunda foi a reedificación que finalizou no ano 1954. De planta de cruz latina, confórmana muros de cachotaría de lousa e cadeirado de granito, con cuberta de lousa a dúas augas a nave, catro o cruceiro e tres a ábsida. Moi sinxela, destaca o campanario que remata o frontis, de tres corpos. O primeiro é cuadrangular, e o segundo, da mesma forma, presenta catro vans en arco de medio punto, rematando o conxunto un cupulín. No interior conserva un retablo no altar maior de estilo Barroco, Salomónico, de finais do século XVIII, conservado da igrexa antiga. Na capela lateral da dereita ten un retablo moderno.
Arriba