IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE LOUSADA

Relixioso
930

Localización

Parroquia: San Mamede de Lousada (San Mamede)

Lugar: San Mamede

27530  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 17.0" N - 7º 47' 27.9" W

Descrición

Esta igrexa formou parte dun desaparecido cenobio medieval. Sufriu numerosas reformas no século XVIII no frontis e a nave, á que se lle pegou a sancristía. No século XIX perdeu a torre medieval. A súa planta é rectangular con ábsida semicircular. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A nave é rectangular, con bóveda de canón dividida interiormente por tres arcos faixóns de medio punto sobre pilastras. O arco triunfal é de forma semiesférica e imposta. A capela maior está cuberta con bóveda de canón. O frontis está rematado cunha torre de dous corpos rematada en cupulín. O primeiro é cadrado, con vans de arco de medio punto, e o segúndo é de forma octogonal con catro vans.

Acceso

Tomar á saída de Castro en dirección a Barrela, LU-P 10-04 dirección S. Mamede / Temes. A 2,3 km. atópase o recurso.
Arriba