IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE LOUSADA

Relixioso
915

Localización

Parroquia: Lousada (Santiago)

Lugar: Lousada de Arriba

27520  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 54.9" N - 7º 48' 46.0" W

Descrición

De época medieval, onde existiu un cenobio, do que só se conserva a igrexa. Reformas no século XVIIIy XIX, perdendo o frontis e a torre medieval. De planta rectangular, con muros de cadeirado e cachotaría de granito. Porta N de medio punto e a cabeceira dividida en tres tramos por catro semicolumnas. Ten tres seteiras con acusado derramo. Sobre o arco triunfal hai unha ventá de medio punto con imposta de rombos, columnas de fuste curto e capiteis con pombas e entrelazados. A ábsida é de tramo rectangular e cabeceira semicircular con arco triunfal de medio punto sobre columnas pegadas e capiteis de follas e volutas. O exterior está dividido en tres tramos con catro semicolumnas. No tramo central ten unha ventá con arco de medio punto de aresta viva e columnas acodilladas con capitel de follas.

Acceso

Partindo de Castro, tomar dirección A Barrela e a 2 km. tomar un desvío á esquerda sen sinalizar. A 800 metros tomar desvio sinalizado á dereita e xa atopa o recurso.
Arriba