IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE BUBAL

Relixioso
803

Localización

Parroquia: Santa Baia de Búbal (Santa Baia)

Lugar: Santa Baia

27528  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 09.0" N - 7º 48' 51.0" W

Descrición

Partes do século XII, con remodelacións do XVIII. Planta rectangular con muros de cachotaría de granito e cuberta a dúas augas. Ábsida románica con ventá no centro con arco de medio punto con arquivolta decorada, columnillas e capiteis. Nave do século XVIII, tellado con canecillos xeométricos e espadana de dous vans. A ábsida na parte interior está formada por unha bóveda de canón e contrafortes. Ten arpilleiras nos alzados laterais. O arco triunfal é de medio punto con arquivolta e columnas pegadas. No testeiro ten unha ventá de medio punto con arquivolta decorada con arcos, bólas, cuadrifolias, imposta de grecas, columnas acodilladas e capiteis con decoración de follas. Ten canecillos xeométricos no tellado. Tras o altar maior consérvanse pinturas murais do século XVI.

Acceso

Tomar dirección A Barrela, que está a 2,4 km. Alí tomar á esquerda dirección Ourense (N-540) e a 4,5 km. tomar desvío á esquerda sinalizado. A 2 km. tomar desvío á dereita sen sinalizar (fronte á casa de Correos) e a 80 metros está o recurso.
Arriba